gótico -ca

gótico -ca
Plural: góticos Masculino: gótico Masculino plural: góticos Feminino: gótica Feminino plural: góticas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos godos ou ao gótico.

  2. s m [LING ]

    Lingua xermánica extinta, sen falantes desde o s XVIII, que falaban os godos.

  3. adx [ARTE ]

    Aplícase á arte desenvolvida entre o Románico e o Renacemento comprendida, segundo os países e rexións, entre os ss XIII e XIV ou XV, que se caracteriza arquitectonicamente polo arco e bóveda de oxivas, mentres que na escultura e na pintura se desenvolveron escenas que reflicten a preocupación polo home e ciclos temáticos relacionados co Xuízo Final, a Virxe e os santos. Tm s m.

  4. escritura gótica [ESCR ]

    Tipo de escritura latina usada en Europa durante a Baixa Idade Media (s XIII-XV), do que se distinguen dous xéneros: a libraria, dereita e caligráfica, e a documental, xeralmente cursiva.

Palabras vecinas

goteirón goteo gotexar gótico -ca gotizante goto gotoso -sa