gorrión

gorrión
Plural: gorrións
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos ploceidos, de forma robusta con pico cónico, curto e robusto; ás anchas e curtas e cola mediana e cadrada. A súa plumaxe presenta distintos tons de marrón con manchas negras e rubias. Aliméntanse de grans, insectos ou herbas.

  2. gorrión chiador [ANIMAL/ORNIT ]

    Gorrión que habita en rochas ou canteiras, de cor castaña cunha mancha amarela no papo.

  3. gorrión común/pardal [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave moi común no medio urbano. A femia presenta plumaxe de cor parda coa parte ventral máis clara ca a dorsal, mentres que o macho presenta manchas negras no papo, peito grisáceo e ás pardas con pintas escuras. OBS: Tamén se denomina pardal.

  4. gorrión orelleiro [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave que presenta unha pequena mancha escura preto do tímpano, e que vive unicamente no campo.