godo -da
lat Gothu
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo godo e aos seus habitantes.
-
s
[ETN/HIST ]
Natural ou habitante do pobo godo.
-
s
[HIST ]
Descendente dos antigos visigodos establecidos durante o período carolinxio no territorio francés, protexidos por capitulares dos reis visigodos e que gozaban do seu propio dereito.
-
s
m pl
[ETN/HIST ]
Pobo xermánico oriental formado por unha confederación de tribos unidas pola etnia e a lingua. Orixinario posiblemente do S de Suecia, no s I distribuíanse pola costa do Báltico. Durante as invasións dos hunos (370), dividíronse en godos orientais ou ostrogodos, que se estableceron ao redor do mar Negro, e godos occidentais ou visigodos, que se estenderon pola fronteira do Danubio. Os visigodos instaláronse na Galia e Hispania, mentres que os ostrogodos atravesaron Hungría e Austria para instalarse en Italia (s V).