gobernar

gobernar

lat gubernāre

  1. v t
    1. Dirixir o funcionamento dunha colectividade, en especial un Estado, país ou institución, por medio de disposicións ou leis.

    2. Dirixir a conduta de alguén ou a marcha dalgunha cousa.

    3. Organizar ou ocuparse dunha casa ou de algo similar.

  2. v t

    Arranxar algunha cousa que está derramada.

  3. v t [MAR ]

    Dirixir ou guiar co temón unha nave por un rumbo determinado.

  4. v i

    Ter o poder de administración ou o mando sobre algo.

  5. v pron

    Ser alguén capaz de facer algo por si só.

Sinónimos

Confrontaciones

recompoñer, recompor

Citas

  • Antano gobernou en España un dictador
  • Ganar as eleccións é unha cousa e gobernar outra
  • Goberna a vida dos seus empregados coma se fosen os seus fillos
  • Gobernouse moi ben con dous trapos para ir á festa
  • Gobernouse moi ben cos enfermos para ser o seu primeiro día
  • Leva tres días de lacazán na casa e aínda non gobernou o coche
  • O rapaz da veciña goberna moi ben as cousas da casa
  • Xa se goberna no seu posto dende que fixo as prácticas co seu pai
Conjugar
VERBO gobernar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
goberno
gobernas
goberna
gobernamos
gobernades
gobernan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernaba
gobernabas
gobernaba
gobernabamos
gobernabades
gobernaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernei
gobernaches
gobernou
gobernamos
gobernastes
gobernaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernara
gobernaras
gobernara
gobernaramos
gobernarades
gobernaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernarei
gobernarás
gobernará
gobernaremos
gobernaredes
gobernarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernaría
gobernarías
gobernaría
gobernariamos
gobernariades
gobernarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
goberne
gobernes
goberne
gobernemos
gobernedes
gobernen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernase
gobernases
gobernase
gobernasemos
gobernasedes
gobernasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernar
gobernares
gobernar
gobernarmos
gobernardes
gobernaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
goberna
-
-
gobernade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernar
gobernares
gobernar
gobernarmos
gobernardes
gobernaren
Xerundio gobernando
Participio gobernado
gobernada
gobernados
gobernadas