glosa
lat glossa ‘palabra escura’ gr γλ ῶ σσα ‘lingua’
-
-
s
Palabra escura ou difícil dun texto, que require explicación.
-
s
Comentario que se fai dun texto determinado, independentemente da súa extensión.
-
s
Explicación dunha palabra, frase ou texto que é difícil de comprender.
-
glosas emilianenses
[LING ]
Anotacións en latín, romance e eúscaro que constitúen a primeira manifestación escrita dunha lingua romance peninsular, ademais das primeiras frases escritas en eúscaro. Están recollidas nos mosteiros de san Millán de la Cogolla.
-
glosas silenses
[LING ]
Anotacións aclaratorias do Homiliario de Silos, texto latino de finais do s XI. Xunto ás glosas emilianenses, constitúe unha das primeiras manifestacións escritas dunha lingua romance peninsular. Recollidas no mosteiro de Santo Domingo de Silos, consérvanse no British Museum de Londres.
-
s
-
s
f p ext
Comentario ou explicación que aclara algo.
-
s
f
[DER/HIST ]
Comentario dun texto xurídico que se fai para aclarar ou interpretar o mesmo. Apareceron nos ss XII-XV e acadaron o seu momento de maior esplendor coa escola de glosadores de Boloña.
-
s
f
[LIT ]
Composición poética, amplificación dunha estrofa, na que cada unha acaba cun verso ou versos daquela estrofa.
-
s
f
[ZOOL ]
Parte do aparato bucal dos insectos.