gloria
gloria
lat glorĭa
-
s
f
-
Grande honor, admiración ou fama que alcanza algúen polos seus méritos.
-
Feito ou acción que é motivo de orgullo, fama ou admiración.
-
Persoa que é motivo de orgullo ou admiración.
-
-
s
f
Cousa que produce gran pracer ou satisfacción.
-
s
f
[RELIX ]
Termo bíblico que expresa a loanza de Deus.
-
s
f
-
Representación, nunha cúpula ou bóveda, do ceo cheo de anxos.
-
Auréola con que se rodea algo nunha pintura ou representación.
-
-
s
f
Pastel de follado recheo de crema ou doutro doce.
-
s
m
[MÚS/RELIX ]
Cántico da misa que comeza co verso “Gloria in excelsis Deo”.
Citas
- Acadou a gloria cos seus triunfos deportivos
- Estaba considerada unha gloria nacional
- O poema relata as glorias daqueles antigos guerreiros
Refranes
- Gloria sen diñeiro é fume de palla.
- Nos días de gloria esquécese a memoria.