globo

globo

lat globu

Plural: globos
  1. s m

    Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.

  2. s m

    Bolsa flexible e de forma esférica, que se incha de aire ou dun gas lixeiro e que se emprega como xoguete.

  3. s m

    Obxecto esférico de vidro ou doutro material transparente ou difusor que recobre unha lámpada, destinado a repartir e a difundir a luz ou a cambiar a súa cor e que tamén lle serve de protección.

  4. s m [IMAX ]

    Espazo en branco que se utiliza nos cómics, chistes ou gráficos, para conter as palabras e as expresións dos personaxes.

    1. globo aerostático

      Aeróstato sen motor que consiste nun receptáculo que contén un gas máis lixeiro ca o aire en condicións normais, que se eleva por mor da forza ascensional e que pode ir provisto dun habitáculo para levar tripulantes ou instrumentos.

    2. globo sonda

      Globo libre non tripulado que se emprega para rexistrar datos da atmosfera.

  5. globo celeste/estelar [ASTRON ]

    Esfera que ten representadas na súa superficie, nunha posición semellante á que ocupan no espazo, as principais estrelas, constelacións e os círculos fundamentais.

  6. globo ocular [FISIOL ]

    Órgano da vista nos animais superiores. OBS: Tamén recibe a denominación popular de bugallo do ollo.

  7. globo terráqueo/terrestre [XEOG ]

    Representación cartográfica da Terra sobre unha esfera.

Sinónimos

Citas

  • A explosión produciu un globo de fume
  • O día de festa regaloulles un globo a cadanseu sobriño