glándula
lat glandŭla
-
-
s
Célula ou conxunto de células illadas ou agrupadas nun órgano determinado con función secretora, endócrina ou interna e exócrina ou externa, de substancias de tipo hormonal ou encimático.
-
glándula apócrina
Glándula que segrega en gran cantidade substancias propias da célula.
-
glándula de Bartholin
Glándula do aparato xenital feminino, que desemboca en cada costado do orificio vaxinal dalgúns mamíferos, e que segrega un líquido mucoso, destinado a lubrificar o aparato xenital no momento do coito.
-
glándula de Brunner
Glándula situada no duodeno e disposta en dúas capas separadas pola muscularis mucosae que intervén na formación do zume intestinal.
-
glándula de Cowper
Glándula situada baixo a próstata, que segrega un produto alcalino, viscoso e mucoso que lubrifica a uretra e contrarresta o seu pH ácido. OBS: Tamén se denomina glándulas bulbouretrais.
-
glándula de Malpighi
Glándula tubulosa simple situada na derme da mucosa do tubo dixestivo, desde o píloro ata o intestino groso.
-
glándula de Meibomio
Folículo sebáceo localizado entre a cartilaxe tarsal e a conxuntiva palpebral, que produce unha secreción especial que, ao secar, forma as lagañas.
-
glándula de Naboth
Glándula mucosa situada ao redor do orificio do colo uterino.
-
glándula de Skene
Glándula situada na parte final da uretra feminina.
-
glándula de Zeis
Glándula situada no contorno libre da pálpebra que se presenta en número de dúas por cada folículo piloso, ao lado das glándulas ciliares.
-
glándula intersticial
Glándula de secreción endócrina que se sitúa entre os folículos ováricos ou os tubos seminíferos, e que segrega hormonas femininas ou masculinas, respectivamente.
-
glándula lacrimal
Glándula tubuloalveolar que se sitúa na posición antero-superior e externa da cavidade orbitaria e segrega as bágoas.
-
glándula mamaria
mama.
-
glándula odorífera
Glándula exócrina propia dos mamíferos, réptiles, insectos e algúns miriápodos que segrega substancias para establecer unha comunicación intraespecífica, ou como mecanismo de defensa.
-
glándula paratiroide
Glándula endócrina que se sitúa arredor da tiroide e que segregan a hormona paratiroide (paratormona).
-
glándula pineal
glándula pineal.
-
glándula pituitaria
hipófise.
-
glándula prostática
próstata.
-
glándula salivar
Glándula que segrega a saliva no interior da cavidade bucal ou nas súas proximidades.
-
glándula sebácea
Glándula exócrina que desemboca no folículo piloso ou directamente na superficie cutánea, e segrega o sebo que impregna a pel e os pelos. OBS: Tamén se denomina folículo sebáceo.
-
glándula sericíxena
Glándula dos arácnidos que se sitúa na parte ventral do abdome e que segrega unha substancia viscosa, ou seda, con que tecen as arañeiras.
-
glándula sudorípara
Glándula exócrina da pel que segrega a suor.
-
glándula suprarrenal
Glándula endócrina situada en posición retroperitoneal na parte superior de cada ril. Segrega adrenalina e noradrenalina, e sintetiza os mineralcorticoides, os glicocorticoides e os andróxenos.
-
glándula tiroide
tiroide.
-
glándula velenosa
Glándula que se localiza nun gran número de animais, coma peixes ou anfibios, e que serve para segregar substancias tóxicas que empregan para defenderse ou para atacar.
-
glándula xenital/sexual feminina
ovario.
-
glándula xenital/sexual masculina
testículo.
-
s
-
s
f
[BOT ]
Célula ou conxunto de células que acumulan ou expulsan, ao exterior ou a unha cavidade, os produtos de secreción que produce a planta.