gaucho -cha
gaucho -cha
quechua wáhča ‘indixente, orfo’
-
adx
Relativo ou pertencente aos gauchos.
-
s
m
[HIST ]
Xinete que vivía e traballaba nas áreas gandeiras de Arxentina, S de Brasil e Uruguay. Ao estalar o movemento emancipador, xuntáronse aos exércitos que loitaban pola independencia. Posteriormente, instaláronse nas propiedades e convertéronse en gandeiros sedentarios.