gato -ta
-
-
s
Animal en que se engloban varias especies de mamíferos da familia dos félidos, da orde dos carnívoros. Presenta cabeza arredondada co fociño curto e orellas redondeadas, ollos grandes con visión binocular, e pelame.
-
gato caseño/doméstico [Felis catus]
Gato de coloración diversa e cola máis estreita e puntiaguda.
-
gato bravo/fero/do monte/montés [Felis silvestris]
Animal de pelame gris ou pardo, con franxas transversais escuras e cunha liña negra ao longo do dorso, cola grosa e anelada co extremo negro.
-
gato murador/pescador/rateiro
Gato caseño que é bo cazador de ratos.
-
gato salvaxe [Felis silvestris]
Gato co rabo curto e de pelaxe de cor crema con bandas escuras transversais.
-
s
-
s
m
[ANIMA/ICT ]
Xénero de peixes, da familia dos esciliorínidos, coa cabeza aplanada e o corpo delgado, de cor gris rosada con manchas circulares escuras.
-
s
m
[TECNOL ]
Aparato mecánico ou hidráulico, que se emprega para elevar cargas pesadas.
-
s
m
Ferramenta que consiste nunha barra con dous saíntes, un deles móbil que se aproxima ao outro para apertar e suxeitar entre os dous algunha peza.
-
gato pintado
[ANIMAL ]
Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, que presenta a pelame con manchas ovais e raias lonxitudinais negras. É de costumes nocturnos, moi bo gabeador, e extremadamente áxil nas árbores, onde pasa a maior parte do tempo.
-
gato pintado
[ANIMAL ]
Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, que presenta o pelame de cor gris terrosa clara con manchas ovais e raias escuras ou negras. É de costumes nocturnos e moi bo trepador e áxil nas árbores.
-
gato salvaxe
[ANIMAL ]
Gato co rabo curto e de pelaxe de cor crema con bandas escuras transversais.
Refranes
- As veces a carne está no prato por falta de gato.
- Bo amigo é o gato, se non rabuñara.
- Cando os gatos lavan a cara, sinal de visita na casa.
- Carne que leva o gato non volve máis ao prato.
- Come o gato o que atopa mal gardado.
- Come o gato o que non topa ben gardado.
- Con fillos, o gato ben caza o rato.
- Facédelle festas á gata e saltaravos á cara.
- Facédelle festas ao gato é rabuñaravos.
- Gata roxa, tal as fai, tal as coida.
- Gata vermeUa, tal as fai, tal as pensa.
- Gato do mes de xaneiro vale un carneiro.
- Máis come o gato dunha ves, que un rato nun mes.
- Mal lle vai aos gatos cando andan aos gorrións.
- Non deites a gata na túa cama nin lle deas couces despois de deitala.
- Non está a carne no garabato por falta de gato.
- O gato leva o mal gardado.
- O gato saca as unllas, cando as ha mester.
- Sempre que botes a gata na cama, ten coidadiño de non mancala nin couceala.