gastrótrico -ca

gastrótrico -ca

lat científico Gastrotrichia, xénero de animais

Plural: gastrótricos Masculino: gastrótrico Masculino plural: gastrótricos Feminino: gastrótrica Feminino plural: gastrótricas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos gastrótricos.

  2. s m [ANIMAL ]

    Metazoo do subtipo dos gastrótricos.

  3. s m pl [ANIMAL ]

    Subtipo de metazoos triploblásticos acelomados. Inclúe formas microscópicas, cilíndricas, co extremo cefálico provisto de boca, cilios e pelos sensoriais e o extremo caudal con ano e dous apéndices terminais. Presenta unha cutícula con espiñas. Viven na auga doce e salgada e nútrense de pequenos organismos e detritos.