garavanzo

garavanzo
Plural: garavanzos
  1. s m [PLANTA ]

    Planta herbácea anual, da familia das papilionáceas, de follas estipuladas, imparipinnadas, cos folíolos ovais e serrados. As flores son azuladas, purpúreas ou brancas. Os froitos son legumes que conteñen unha ou dúas sementes globosas, os garavanzos.

  2. s m [BOT ]

    Semente desa planta.

  3. mosca do garavanzo [ANIMAL/ENTOM ]

    Pequeno díptero moi semellante á mosca común, pero con reflexos verdosos nas ás, que ataca o garavanzo.

Formas incorrectas

garabanzo