ganglio

ganglio

lat ganglĭon gr γάγγλιον

Plural: ganglios
    1. s

      Engrosamento natural de tecido de forma, tamaño e estrutura variable que pode ter lugar en calquera parte do corpo.

    2. ganglio linfático

      Masa de tecido linfoide que se sitúa sobre todo o traxecto linfático. Os ganglios linfáticos teñen unha función hematopoética, fagocitaria e hemolítica.

    3. ganglio nervioso

      Masa de tecido nervioso que contén corpos celulares neuronais que se rodean dunha cápsula de tecido conectivo.

  1. s m [PAT ]

    Tumor cístico que se forma nos tendóns e nos músculos, próximo ás articulacións.