ganda

ganda
Plural: gandas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo ganda ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do pobo ganda.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Pobo africano que habita ao N do lago Vitoria. A súa economía baséase na agricultura e conserva aínda unha organización social de base feudal.

  4. s m [LING ]

    Lingua bantú que se fala en Uganda e Tanzania. Utiliza o alfabeto latino e a súa primeira gramática data de 1882. OBS: Tamén se denomina luganda.