alumina

alumina

lat alūmen, -ĭnis ‘alume’

Plural: aluminas
  1. s f [QUÍM ]

    Sólido de dureza moi elevada que existe na natureza en forma de anhidro e cristaliza en forma de corindón e hidratado en diversos graos. Emprégase na fabricación de aluminio e na obtención de abrasivos, refractarios, pezas de cerámicas, catalizadores e soportes de catalizadores.

  2. alumina activada [QUÍM ]

    Alumina en forma granular de porosidade moi elevada e gran superficie específica, que manifesta unha gran capacidade de absorción, especialmente para a auga. Emprégase para secar gases ou vapores e certos líquidos, como catalizador e como absorbente.

  3. [QUIM/IND ]

    alundo.

  4. alumina hidratada [QUÍM ]

    Calquera dos hidratos de alumina.

  5. xel de alumina

    Hidróxido de aluminio coloidal, que con solucións acuosas ácidas forma xeles dotados de propiedades absorbentes que se utilizan en medicina contra a acidez gástrica.

Palabras vecinas

alume alumear alumel alumina aluminar aluminato aluminaxe