galo -la

galo -la

lat Gallu

Plural: galos Masculino: galo Masculino plural: galos Feminino: gala Feminino plural: galas
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Francia ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Francia.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á Galia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante da Galia.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo galo.

    2. s

      Individuo do pobo galo.

    3. s

      Pobo celta de orixe indoeuropea que se estendeu no territorio comprendido entre o val do Po, no N de Italia e os Pireneos, ata a Bélxica actual. Foron sometidos paulatinamente polo Imperio Romano.

  1. s m [LING ]

    Lingua do grupo continental das linguas celtas xa desaparecida. Documéntase a partir do s III a C en inscricións en alfabeto grego e latino.

Citas

  • O primeiro ministro galo presidiu a reunión