alternativa

alternativa
Plural: alternativas
  1. s f

    Obriga de escoller entre dúas ou máis cousas.

  2. s f

    Opción a escoller nunha situación determinada.

  3. s f [ESPECT ]

    Cerimonia pola que un matador de touros, nomeado padriño, autoriza a un matador de novelos a actuar no seu lugar.

  4. s f [MAT ]

    Relación entre dúas proposicións alternativas, tal que se unha é verdadeira, a outra ten que ser falsa, e viceversa.