frecuencia

frecuencia

lat frequentĭa

Plural: frecuencias
  1. s f
    1. Repetición dun acto, feito ou suceso.

    2. Número de veces en que algo se repite.

    1. s

      Cociente nunha distribución estatística dun carácter cuantitativo entre o efectivo dun valor concreto do carácter, ou dunha clase de valores, e o número de individuos que integra a mostra.

    2. s

      Cociente f, nunha serie de N repeticións dunha experiencia en que se estuda a realización ou non realización dun suceso A, entre o número de sucesos en que A ten lugar e o número total de sucesos.

    3. frecuencia acumulativa

      Suma das frecuencias dos valores do carácter, nunha distribución estatística dun carácter cuantitativo.

    1. s

      Número de períodos ou ciclos completos por unidade de tempo nun proceso periódico. A unidade de frecuencia é o hertz.

    2. frecuencia angular [ω]

      Produto da frecuencia dun fenómeno alterno sinusoidal polo factor 2π, ω=2πf. Exprésase en radiáns/segundo. OBS: Tamén se denomina pulsación.

    3. frecuencia de corte

      Frecuencia, nun filtro, para a que a magnitude de saída sofre unha atenuación.

    4. frecuencia de resonancia

      Frecuencia en que a capacitancia é igual á indutancia, nun circuíto RLC.

    5. frecuencia intermedia

      Frecuencia resultante da mestura do sinal recibido co do oscilador local e que é igual á diferenza das dúas frecuencias, nos receptores superheterodinos.

    6. frecuencia lateral

      Frecuencias que aparece simetricamente a cada lado da portadora cando esta está modulada.

  2. frecuencia modulada [COMUN ]

    Modalidade de emisión por radio en que a onda portadora se modula ao variar a súa frecuencia baixo a acción da onda acústica.

Citas

  • A frecuencia de saída é dun autobus cada hora
  • Enfema con frecuencia