frecha

frecha

fr flèche

Plural: frechas
  1. s f [BÉL ]

    Arma ofensiva que consiste nunha hasta delgada, normalmente de madeira, á que se lle afía un dos extremos, ou se lle engade unha punta de ferro afiada, e unhas aletas no outro.

  2. s f
    1. Calquera obxecto en forma de frecha.

    2. Sinal semellante a unha frecha ou a unha cabeza de frecha, usado sobre todo para indicar unha dirección.

  3. s f
    1. Obxecto que se alza formando punta.

    2. [ARQUIT ]

      Elemento arquitectónico, característico do gótico, que se trata dunha torre de forma cónica ou ben piramidal, coa base cadrada, hexagonal ou octogonal.

    3. [ARQUIT ]

      Altura dun arco ou dunha bóveda desde a liña de arranque ata a clave.

    4. [ARQUIT ]

      Tellado piramidal que está moi elevado respecto das dimensións das súas bases.

  4. s f [AERON ]

    Ángulo que forma a liña que une os puntos das cordas dos perfís dunha á situada a un 25% do ángulo de ataque co plano de simetría do avión.

  5. s f
    1. [MAT ]

      Segmento que, nun arco de curva AB, une o centro do arco AB co centro da corda

    2. [TECNOL ]

      Distancia entre o punto da máxima deformación dunha viga sometida a flexión e o lugar que ocuparía teoricamente o mesmo punto se non houbera deformación.

  6. frecha astronómica [METROL ]

    Instrumento utilizado na Antigüidade para medir a altura dos astros.

  7. frecha litoral [XEOG ]

    Tipo de cordón litoral formado pola acumulación de material detrítico, que descansa sobre un saínte da costa ou sobre unha illa.

Sinónimos