franquía
2 franco
-
s
f
-
Exención do pagamento de certos dereitos ou servizos públicos.
-
Tanto por cento sobre o valor dos efectos asegurados ou cantidade fixa, nunha aseguradora, a partir da que comeza a contar a responsabilidade do asegurador.
-
-
s
f
[ECON ]
Contrato establecido entre dúas empresas, polo que a franqueadora concede á franqueada o dereito a fabricar ou utilizar unha marca comercial, a cambio dunha compensación económica.
-
-
s
Privilexio ou exención de carácter político, económico ou xurídico que tiñan os habitantes dun lugar, vila ou comarca durante a Idade Media concedida polo soberano ou señor xurisdicional.
-
s
Territorio ou localidade que gozaba da condición de franquía.
-
carta de franquía
Documento medieval en que se recollía a concesión efectuada polo soberano ou señor xuridisccional aos habitantes dalgunha vila, lugar ou comarca e onde se recoñecía un determinado estatuto xurídico, unhas garantías de liberdade civil e política ou a exención de cargas e tributos.
-
s
Citas
- Asegurei o coche a todo risco cunha franquía de 300 euros
- Os importadores piden a anulación da franquía para paliar a crise que sofre o sector