fractura

fractura

lat fractūra

Plural: fracturas
  1. s f

    Acción e efecto de fracturar.

    1. s

      Rotura dun óso por diversas causas.

    2. fractura aberta

      Fractura en que hai unha comunicación entre os focos da fractura e unha ferida da pel.

    3. fractura articular

      Fractura en que a liña de rotura chega ata o interior da articulación.

    4. fractura completa

      Fractura que comprende todo o groso do óso, de xeito que este queda dividido en dous ou máis fragmentos.

    5. fractura subcutánea

      Fractura sen ferida exterior que comunica coa lesión ósea.

  2. s f [XEOL ]

    Rotura dunha rocha que se produce cando se traspasa o límite de plasticidade da rocha.

  3. s f
    1. Lugar por onde algo rompe.

    2. [XEOL ]

      Superficie por onde rompe un mineral.

Confrontaciones

crebadura