fotografía

fotografía

foto- + -grafía

Plural: fotografías
  1. s f [IND/ARTE ]

    Arte e técnica de obter, por medio da luz ou doutras radiacións electromagnéticas e de substancias químicas, imaxes permanentes dun obxecto, sobre superficies convenientemente preparadas.

  2. s f

    Reprodución dunha imaxe mediante este procedemento.

  3. s f

    Representación ou descrición de algo ou alguén que semella unha fotografía.

  4. fotografía aérea [XEOG ]

    Fotografía vertical ou oblicua da superficie terrestre que se obtén desde un avión ou nave espacial.

Citas

  • A novela é unha fotografía distorsionada deses acontecementos históricos
  • Abriron unha tenda de fotografía na miña rúa
  • Garda as fotografías da viaxe no álbum