foso

foso

ital fosso

Plural: fosos
  1. s m
    1. Escavación feita na terra.

    2. [BÉL ]

      Escavación longa e larga construída ao redor dunha fortaleza ou dun castelo.

  2. s m [ESPECT ]

    Espazo situado debaixo do escenario, ou entre o escenario e o patio de butacas, onde se coloca a orquestra, especialmente nas óperas.

  3. s m

    Lugar con area no que caen os atletas ao facer o salto de lonxitude.

Sinónimos

Citas

  • Cavaron un foso para meter os canos da auga
  • Na area do foso quedou o sinal da marca do atleta
  • O mecánico puxo o coche no foso para lle cambiar o aceite