fosfórico -ca

fosfórico -ca

fósforo + -ico

Plural: fosfóricos Masculino: fosfórico Masculino plural: fosfóricos Feminino: fosfórica Feminino plural: fosfóricas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao fósforo.

  2. adx

    Que contén fósforo.

  3. adx [QUÍM ]

    Aplícase aos compostos de fósforo que teñen unha valencia ou número de oxidación de +5.

  4. ácido fosfórico [QUÍM ]

    Ácido tribásico que se obtén industrialmente dos depósitos de fosfato tricálcico.

  5. óxido fosfórico [QUÍM ]

    Óxido que se obtén comercialmente por combustión do fósforo, en corrente de aire. e se emprega como axente deshidratante.