alquimia

alquimia

ár al-kīmiyā’ ‘a química’ gr χυμεία ‘mestura de substancias’

Plural: alquimias
s f

Doutrina e estudo empírico e experimental dos feitos químicos durante a Antigüidade e a Idade Media, cuxos principais obxectivos foron a procura da pedra filosofal, supostamente capaz de converter os metais baixos en prata e ouro, e do elixir da longa vida, panacea universal capaz de alongar a vida indefinidamente. Na alquimia coexistiron sempre os aspectos experimental, filosófico, esotérico e místico, que foi a miúdo dominante. Pese a todo, as súas importantes descubertas formaron a indispensable base empírica sobre a que se edificou a química moderna.

Refranes

  • Alquimista certeiro: pensou facer do ferro ouro e fixo do ouro ferro.