fonética

fonética

gr ϕ ωνητικ ή ‘ciencia da voz’

Plural: fonéticas
s f [LING ]

Ciencia que estuda os sons das linguas humanas. Divídese en tres ramas principais: fonética articulatoria que estuda os órganos que interveñen e os xestos realizados para articular cada son; fonética acústica, que atende ás propiedades físicas dos sons; e fonética auditiva, que estuda a percepción do son polo oído e o sistema nervioso e a súa interpretación polo cerebro.