folículo

folículo

lat follicŭlu ‘saco pequeno’

Plural: folículos
  1. s m [BOT ]

    Froito seco, polispérmico, monocarpelar e dehiscente que se abre segundo a liña de sutura ventral.

    1. s

      Cripta ou cavidade pequena da pel ou das mucosas, xeralmente de función secretora.

    2. folículo piloso

      Folículo de forma tubular que contén a raíz do pelo e no que verten o seu contido as glándulas sebáceas. Existen en toda a superficie cutánea dos mamíferos, agás na palma das mans e na planta dos pés.

    3. folículo primitivo

      Folículo de De Graaf non maduro, en proceso de desenvolvemento.

    4. folículo sebáceo [BIOQ ]

      glándula sebácea.

    5. folículo tuberculoso

      Lesión anatomicopatolóxica típica que produce o bacilo de Koch nos tecidos.