fol

fol

lat folli

Plural: fois
  1. adx

    Aplícase aos alimentos con casca, como mariscos, froitas ou sementes, que presentan menos carne da que sería de esperar polo seu volume.

  2. s m

    Utensilio formado por dúas pranchas ou táboas de madeira unidas entre si por unha peza de pel, que expulsa aire ao ser presionado.

  3. s m

    Saco de coiro ou doutro material semellante que serve para conter líquidos ou transportar algo sólido.

  4. s m

    Parte da gaita en forma de bolsa onde se contén o aire que despois se expulsa polos pallóns e pola palleta mediante a presión do brazo.

  5. s m

    Ondulación do fío dos instrumentos cortantes, especialmente da gadaña.

  6. s m fig

    Capacidade respiratoria dunha persoa.

Sinónimos

Citas

  • Aguzou o lume co fol, As vides bótaselle o xofre cun fol
  • Fáltame fol para seguir correndo

Frases hechas

  • Non ser fol de ferreiro. Non poder estar sempre traballando.