fogueiro -ra

fogueiro -ra

fogo

Plural: fogueiros Masculino: fogueiro Masculino plural: fogueiros Feminino: fogueira Feminino plural: fogueiras
  1. s

    Persoa que ten por oficio coidar o lume dunha máquina de vapor ou dun aparato calquera de calefacción.

  2. s p ext [MAR ]

    Mariñeiro que nos barcos mercantes exerce o mando directo sobre todo o persoal subalterno das máquinas.

Citas

  • O meu irmán traballou de fogueiro nun mercante
  • O seu avó era o fogueiro dun vapor

Formas incorrectas

fogoneiro -ra

Palabras vecinas

foguear fogueira fogueirada fogueiro -ra foguetada foguete foguetear