fluxo
lat fluxu
-
s
m
-
Acción e efecto de fluír.
-
Movemento dun líquido ou dun fluído.
-
Saída dun líquido ou humor segregado polo organismo.
-
-
s
m
Movemento ascendente da marea.
-
s
m fig
Movemento de persoas ou cousas dun lugar a outro.
-
s
m
[ECON ]
Medición temporal da mobilidade de bens e servizos das macromagnitudes.
-
-
s
Movemento de enerxía ou de partículas.
-
fluxo eléctrico
Fluxo do vector de desprazamento D dun campo eléctrico. A unidade SI do fluxo eléctrico é o coulomb.
-
fluxo enerxético/radiante
Potencia emitida, transportada ou recibida en forma de radiación.
-
fluxo luminoso [φ]
Magnitude característica dun fluxo radiante que expresa a aptitude de producir unha sensación luminosa avalada segundo os valores de eficacia luminosa relativa. A súa unidade de medida no SI é o lumen.
-
fluxo magnético
Fluxo do vector de indución magnética B dun campo magnético. A unidade SI de fluxo magnético é o weber.
-
s
-
fluxo branco
[FISIOL/PAT ]
leucorrea.
-
fluxo de enerxía
[ECOL ]
Transferencia de enerxía, que se dá nun ecosistema, dun organismo a outro dun nivel trófico superior.
-
fluxo metabólico
[ECOL ]
Secuencia de procesos e produtos intermediarios producidos polos diferentes organismos que interveñen na transformación dunha substancia rica en enerxía noutras de máis baixa enerxía.
Antónimos
Confrontaciones
preamarCitas
- No telexornal dixeron que o fluxo do mar será ás tres da tarde
- O fluxo de refuxiados descendeu nestes últimos días, O fluxo final de votos dun partido a outro supuxo un empate entre os candidatos
- O fluxo do río era tan forte que destruíu a ponte de madeira
- Un dos síntomas da súa enfermidade é o aumento no fluxo lacrimal