fino -na

fino -na

fin

Plural: finos Masculino: fino Masculino plural: finos Feminino: fina Feminino plural: finas
  1. adx
    1. Que ten pouco grosor.

    2. Que é aguzado.

    3. Que está formado por partículas moi pequenas.

    4. Que está formado por unha estrutura tupida ou de furados pequenos.

  2. adx

    Que presenta unha superficie sen asperezas.

  3. adx

    Que é de boa calidade ou de gran pureza.

  4. adx

    Que está ben proporcionado ou que ten as faccións delicadas.

  5. adx

    Que ten un gusto esixente.

  6. adx

    Que manifesta boa educación e cortesía no trato.

  7. adx

    Aplícase ao son ou á voz aguda e vibrante.

  8. adx

    Que comprende ou aprende con rapidez.

  9. adx

    Aplícase á persoa arteira ou aos seus feitos.

  10. adv

    Con fineza ou finura.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

grácil

Citas

  • A pesar dos seus anos aínda mantén fina a cute
  • As redes moi finas non deixan fuxir os peixes pequenos, Pasou a fariña por unha peneira fina
  • Desfilaron modelos de corpo fino e elegante
  • É moi fino para a comida e só merca productos de primeira calidade
  • Es moi pouco fino preguntándolle esas cousas en público
  • Escribe cun lapis de punta fina, As abellas teñen un fino ferrete
  • Leva un colar de prata fina
  • O reloxeiro fíxolle un fino traballo ao amañarlle o reloxo de peto
  • Pesaron os diamantes cunha balanza fina
  • Precisa un arame fino para desatoar o cano
  • Puxo as flores nun vaso de porcelana fina
  • Relou o queixo moi fino para botarllo aos macarróns, Aquí hai praias de fina area
  • Só falaba fino cando se atopaba en certos ambientes
  • Ten coidado con eles, que son moi finos e nunca sabes o que pretenden
  • Ten un fino oído para a música, Os cans teñen un fino olfacto
  • Xa na escola se vía que era un neno moi fino