filtro
lat tardío filtru ‘feltro’, ‘filtro’
-
-
s
Corpo poroso a través do que se fai pasar un fluído para que permanezan retidas as partículas sólidas que este ten en suspensión.
-
s
Peza en forma de tubo, normalmente elaborada en materiais sintéticos, onde se encaixa o cigarro, que filtra o fume.
-
s
[QUÍM ]
Aparato que se emprega na filtración.
-
filtro de aceite
Aparato que se emprega para filtrar e rexenerar o aceite de lubrificación dos motores de combustión.
-
filtro de aire
Aparato que se emprega para eliminar as impurezas contidas no aire da combustión dos motores.
-
filtro de combustible
Aparato que se emprega para eliminar as impurezas que contén o combustible dun motor de combustión.
-
filtro de membrana
[MICROB ]
Membrana artificial de porosidade determinada que se utiliza para separar ou reter microorganismos, partículas ou moléculas dun tamaño determinado.
-
s
-
s
m
-
Dispositivo ou calquera materia que permita o paso dunhas radiacións ou frecuencias determinadas.
-
[TECNOL ]
Dispositivo ou circuíto cuadripolar que se emprega para seleccionar sinais de frecuencias diferentes, consistente nunha liña artificial capaz de transmitir sen dificultade os sinais dunha banda de frecuencia e de atenuar os doutras frecuencias.
-
[FÍS/LING ]
Dispositivo empregado en espectrografía que permite o paso dunha gamma frecuencial específica para analizar fisicamente a onda composta da fala.
-
-
-
s
Accesorio de cristal ou plástico que se lle engade ao obxectivo para alterar a calidade ou a cor dunha imaxe.
-
factor de filtro
Número polo que se debe multiplicar a lectura de exposición sen filtro para conseguir a mesma exposición cando se emprega este.
-
filtro neutro
Filtro gris empregado para corrixir os niveis de luz nas cámaras con abertura fixa ou para poder empregar unha grande abertura cunha luz moi intensa.
-
filtro polarizador
Filtro que pode bloquear ou crear luz polarizada.
-
filtro UV
Filtro que absorbe as lonxitudes de onda ultravioleta eliminando a néboa.
-
filtros de contraste
Filtros para películas de branco e negro que se empregan para escurecer ou aclarar cores concretas e proporcionar un maior contraste.
-
filtros de conversión de cor/equilibradores da cor
Filtros que se empregan para axustar o tipo de película coa fonte de luz.
-
filtros de corrección
Filtros pálidos empregados para corrixir dominantes da cor.
-
s
-
s
m p ext
Elemento ou medio que ten a facultade de filtrar.
-
s
m
[LING ]
Resoador fisiolóxico que, ao intensificar diversas frecuencias de onda complexa procedentes da larinxe, determina a disposición relativa dos formantes constitutivos e, con iso, o timbre característico de cada realización fonemática.
Citas
- Cambioulle o filtro á cafeteira
- Tiveron que salvar moitos filtros administrativos ata que lle admitiron a reclamación, Naqueles tempos moitos libros non pasaban o filtro da censura