fillo -lla
lat filĭu
-
-
s
Calquera animal en relación ao seu pai ou nai.
-
s
[DER ]
Descendente máis directo dunha persoa que, respecto a esta, ocupa o primeiro grao de parentesco en liña recta.
-
filla política
nora.
-
fillo adoptivo
[DER ]
Descendente por adopción.
-
fillo espiritual
Persoa que recibiu a herdanza espiritual de alguén e que é continuador das súas ideas ou da súa obra.
-
fillo ilexítimo
Fillo que teñen dúas persoas que non poden casar.
-
fillo incestuoso
Fillo nado de persoas ligadas por parentesco nun grao en que teñen prohibido casar entre elas.
-
fillo lexítimo
Fillo nacido de persoas ligadas por matrimonio lexítimo.
-
fillo natural
Fillo nacido fóra do matrimonio, especialmente o dun pai e dunha nai que podían casar no momento da concepción.
-
fillo político
xenro.
-
fillo putativo
[DER ]
Fillo considerado como tal sen selo.
-
fillo sacrílego
[DER ]
Fillo nacido da unión entre persoas das que unha delas, polo menos, está suxeita ao voto de castidade polo feito de ter recibido ordes maiores ou de ter profesado nunha orde relixiosa.
-
s
-
s
Persoa en relación ao lugar onde naceu.
-
s
ocativo que se intercala nunha conversación cun neno ou cunha persoa de menos anos ou coa que se ten confianza, que pode ter valor afectivo ou ben mostrar enfado ou impaciencia.
-
s
m
[BOT ]
Parte dunha planta con capacidade para orixinar un novo individuo independente por medio dunha división.
-
s
[RELIX ]
Relixioso con relación ao fundador da súa orde.
-
-
s
Segunda persoa da Santísima Trindade.
-
fillo de Deus
Xesús Cristo, como segunda persoa da Santísima Trindade.
-
fillo de Deus
Título mesiánico do Antigo Testamento, atribuído ao pobo israelita, aos anxos e ao rei.
-
fillo do home
Figura mesiánica do libro de Daniel que, segundo o Evanxeo, se atribuíu Xesús.
-
s
-
s
m pl
Persoas que son descendentes doutra.
Citas
- A novela é filla dun espírito anticlerical, O autor é fillo da época na que lle tocou vivir
Frases hechas
-
Botar a abaixo/Desfacer un fillo. Abortar.
-
Fillo da pedra/das herbas/da terra. Aquel que non sabe qu
-
Fillo de puta. Insulto que se lle dirixe a unha persoa.
-
Fillo de leite. Neno en relaci
-
Fillo de nai/de pai. Fillo que se asemella no car
-
Ser fillo da nada. Ser de condici
-
Ser/Haber fillos de moitas nais. Expresa a diversidade de caracteres e costumes entre as xentes que pertencen a un mesmo colectivo.
Refranes
- A carne da agulla é pouca e sabe ben, mais non é para quen fillos ten.
- A pai aforrador, fillo gastador.
- A pai avarento, fillo farrento.
- A pai que é gardador sáelle un fillo gastador.
- A que cría fillo alleo, brasa trae no seo.
- A quen Deus lle negou fillos o demo aparoulle sobriños.
- A quen fai casa e filla casa, quédalle a bulsa rasa.
- A toda lei, fillos e muller.
- A toda lei, os fillos da muller.
- A uso de igrexa catedral, tal serán os fillos, cal fomn os pais.
- Brasa trae no seo a que cría fillo alleo.
- Cada ruín quere o seu fillo.
- Cal nas unllas, cal nos pes has de imitarte a que n es.
- Cal nas unllas, cal nos pes, has semellar a quen es.
- Cameiro, fillo de ovella, non erra que aos seus se asemella.
- Cría corvos e quitaranche os ollos.
- De mala semente, peor xente.
- De tal pau, tal racha.
- Fillo alleo nunca na túa casa se verá cheo.
- Fillo alleo, méteo poi a manga e sairache polo seo.
- Fillo de gata, ratos mata.
- fillo de mesquiño non ten ensiño.
- fillo de viúva, ou mal criado ou mal vezado.
- Fillo es e pai serás; como fixeres, así o terás.
- Fillo es, pai serás; cal fixeres, tal terás.
- Fillo fuches, pai serás; cal fixeches, tal atoparás.
- fillo malo, vale máis enfermo que sano.
- Fillos criados, pesares dobrados.
- Fillos e diñeiros, cantos menos, menos quebradeiros.
- Fillos e polos, moitos son poucos.
- Moitos fillos e pouco pan, contento con afán.
- Na casa do gaiteiro, bailaríns todos.
- Nace o corvo na peneda e tira sempre a ela.
- Nin para o fillo bo cómpre gañar, nin para o malo traballar.
- Non erra quen aos seus se asemella.
- Non hai peor afán que moitos fillos e pouco pan.
- O fillo bastardo e a mula cada día se mudan.
- O fillo da cabra cabrito é.
- O fillo da cabra, ou cabrito ou castrón.
- O fillo do burro ben sabe omear.
- O fillo do lobo lobiño é.
- O fillo do lobo logo aprende a oubear.
- O fillo do meu home non come, o fillo alleo nunca se ve cheo.
- O pai que ten moitos fillos non sei como sono dorme.
- Ó que non ten fillos apáralle Deus sobriños.
- O que non ten fillos ben os cóa.
- O que ten fillos non estoupa de cheo.
- Ó que ten fillos non Ile podrece o pan.
- Ó que ten fillos pequenos non se Ile apodrenta o pan.
- O que teña fillos que os procure.
- O sangue hérdase e o vicio pégase.
- Onde hai fillos, nin paren tes nin amigos.
- Os fillos do lobo, lobos serán.
- Os fillos dos bos capas son de dós.
- Os pais a xugadas e os fillos a pulgadas.
- Ou nas mans ou non pes has de tirar a quen es.
- Ou nas unllas ou nos pes has de imitar a quen es.
- Ou nas unllas ou nos pes has de imitarte a quen es.
- Ou nas unllas ou nos pes tes que tirar a quen es.
- Quen a moitos ha manter, moito ten que ter.
- Quen fillos ten ao lado non morrerá fartado.
- Quen onda si ten fillos nunca se verá rico.
- Quen ten pai na vila, sete veces lle amañece ao día.
- Se Deus quere e hai proporción, en fillos e pitos lago se un pon.
- Se o fillo sae ao pai, saca da dúbida á nai.
- Se queres que o teu fillo creza, lávalle os pes e rápalle a cabeza.
- Se son ou non son, meus fillos son.
- Un pai para cen fillos e non cen fillos para un pai.
- ¡Benia quen aos seus se asemella!
- ¿Cal fillo queres? O nena cando crece e o enfermo cando padece.
- ¿Como criaches tantos filliños? -Querendo máis aos máis pequeniños.