filamento

filamento

lat tardío filamentu, de filu ‘fío’

Plural: filamentos
  1. s m

    Corpo ou elemento filiforme.

  2. s m [BOT ]

    Parte inferior do estame que sostén a antera.

  3. s m [FÍS ]

    Fío metálico moi fino e de gran resistencia que se volve incandescente ao pasar a corrente eléctrica e que se emprega para producir luz nas lámpadas de incandescencia e para a emisión de electróns nos tubos electrónicos.

  4. s m [ASTRON ]

    Nube de aspecto filamentoso situada no límite entre a cromosfera e a coroa do Sol.

  5. filamento urticante [ANAT ]

    Pequeno corpo filiforme dos cnidoblastos e cnidarios.