fiel

fiel

lat fĭdēle, de fĭde ‘fe’

Plural: fieis
  1. adx
    1. Que garda lealdade.

    2. Aplícase ao animal que demostra obediencia e apego polo seu amo.

  2. adx

    Que se corresponde con exactitude coa realidade.

  3. adx [RELIX ]

    Que segue ou practica unha determinada relixión. Tm s.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

crente

Citas

  • Fixo unha fiel descrición dos feitos acaecidos
  • O can está considerado como un dos animais máis fieis
  • Os fieis oraban diante dunha estatua de Buda
  • Sempre lle foi fiel ao seu home, Ten unha fiel colaboradora nas súas investigacións, A pesar das presións que recibiu continuou sendo fiel ao seu modo de pensar

Palabras vecinas

fieital fieiteira fieito fiel fiel fiela fielato