ficción

ficción

lat fictĭōne

Plural: ficcións
  1. s f

    Acción e efecto de finxir.

    1. s

      Invención ou creación da imaxinación.

    2. s [LIT/IMAX ]

      ciencia ficción.

    3. ficción dramática [ESPECT ]

      Fábula a partir da que o dramaturgo configura un mundo dramático coas súas propias normas.

    4. ficción legal [DER ]

      Técnica xurídica que consiste en atribuír legalmente a determinadas persoas ou cousas unha calidade ou unha condición que non teñen de seu para poder outorgarlles uns efectos determinados.

    5. ficción poética [LIT ]

      Creación da imaxinación do escritor ou poeta.

Citas

  • O protagonista non existiu, é só un personaxe de ficción
  • Sei que as súas lágrimas eran pura ficción

Formas incorrectas

fición

Palabras vecinas

fibulado -da fibular ficar ficción ficcionalismo ficha fichar