fibra

fibra

lat fibra

Plural: fibras
  1. s f [BOT ]

    Célula, xeralmente morta, moi alongada, de paredes grosas e a miúdo lignificadas, que ten unha función mecánica.

  2. s f [TECNOL ]

    Cada un dos elementos filiformes en que se pode imaxinar descomposto un material, considerado homoxéneo, a fin de estudar e definir o tipo de esforzo ao que está sometido.

    1. s

      Cada un dos elementos estruturais en forma de fuso ou filamento que forman parte dos tecidos animais.

    2. fibra muscular

      Célula que forma parte do tecido muscular e que ten a capacidade de contraerse baixo un estímulo nervioso.

    3. fibra nerviosa

      Estrutura formada polos cilindroeixes das células nerviosas, que pode estar recuberta por unha vaíña protectora, e que serve para a condución da corrente nerviosa.

    4. fibra xigante

      Fibra nerviosa de gran diámetro que transmite os impulsos con maior rapidez ca as fibras normais. Localízase en moitos tipos de invertebrados, como os anélidos e os crustáceos.

    1. s [TÉXT ]

      Elementos sólidos, flexibles e filiformes, de uso téxtil.

    2. fibra de vidro [QUÍM ]

      Filamento obtido por extrusión do dióxido de silicio e doutros compoñentes, e polo posterior estiramento, ata que acada un diámetro entre 1 μm e 8 μm. Emprégase como reforzante en tecidos especiais e como illante térmico.

  3. fibra alimentaria [ALIM ]

    Fracción dos alimentos vexetais que resiste a acción dos encimas do sistema dixestivo humano. Consta fundamentalmente de celulosa e tamén inclúe hemicelulosa, pectina e lignina.

  4. fibra óptica [FÍS/TECNOL ]

    Medio condutor da luz que consiste nunha fibra de material dieléctrico transparente, convenientemente recuberta para conseguir que a radiación que incide nun extremo se transmita ao outro por un proceso de reflexión total.