fianza

fianza

2 fiar

Plural: fianzas
  1. s f [DER ]

    Garantía que se dá para asegurar o cumprimento dunha obriga.

  2. s f [DER ]

    Obriga subsidiaria contraída para asegurar o cumprimento dunha obriga principal, pola que un terceiro, diferente do debedor, se compromete a cumprila, en caso de que este non o faga.

  3. [DER ]

    Cantidade de diñeiro que paga un acusado para permanecer en liberdade mentres está pendente de xuízo e asegurar que se presentará ante autoridade sempre que llo demanden. OBS: Tamén se denomina fianza carceraria.

  4. fianza de estar en dereito [DER ]

    Fianza que daba un terceiro respondendo de que o demandante se presentase perante o xuíz sempre que este llo demandase.

Confrontaciones

peñor

Palabras vecinas

fiandeira fiandón fiaño fianza fiar fiar fiaxe