fiadeiro

fiadeiro

1 fiar

Plural: fiadeiros
  1. s m

    Lugar ou dependencia onde se fía.

  2. s m

    1 fiada.

Refranes

  • A muller que de alto fía, o fuso lle cae e o cu lle asubía.
  • A que de alto fía o fuso cáelle na pía.
  • Aquí non fían delgado senón groso e mal fiado.
  • As mans na roca e os ollos na porta.
  • Cal fiamos, tal andamos.
  • Cando comezan as uvas a madurar, comezan as mozas a fiar.
  • Cando non hai ganas de fiar, pode o fuso descansar.
  • Cando non queiras fiar, deixa o fuso descansar.
  • Di o meu home que non fíe, que me poña á porta e mire.
  • Dígolle a unha e dígolle a outra que a que non fía non precisa a roca.
  • Do fuso hase de esperar, que da roca non hai moito que fiar.
  • Fía e vende ben, que a paga por si ven.
  • Fiadeira, ¿que fiaches? ¿por onde fuches? ¿por onde andaches, que en marzo branqueaches?
  • Fíe, se quere, o demo que eu tres camisas teño.
  • Folgar sen vergoña, iso é o fiar na roca.
  • Fusada miúda ao seu dono axuda.
  • Ó mal fuso crebarlle a roca polo mal uso.
  • Onde vires roca de la podes entrar; se a roca fore de estopa, queda á porta; e, se fore de liño, non pases do poxigo.
  • Perdín a roca e o fuso non se atopa.
  • Pois que para ti fías, fía ben e fía tódolos días.
  • Polo san Bartolo a boa fiadeira comeza a súa tea; a máis lixeira, pola Madalena.
  • Pouco fía o que moito mira.
  • Quen fía e tece, ben lle parece.
  • Tan fiadeira levas a muller, que non ten máis que lavar e tecer e coser.

Palabras vecinas

fiada fiada fiadeira fiadeiro fiado -da fiado -da fiador -ra