fecundidade
fecundidade
lat fecundĭtāte
-
s
f
Calidade de fecundo.
-
s
f
[BIOL ]
Capacidade de fecundación, que depende das características xenéticas e do medio interno e externo.
-
s
f
[DEMOG ]
Relación entre o número de nacementos e o número de mulleres en idade fértil.
-
ritos de fecundidade
[HIST/RELIX ]
Ritos e actos simbólicos polos que os homes procuraron a expansión e a conservación da vida en calquera das súas manifestacións, sexan vexetais, animais ou humanas.