almohade

almohade

ár al-muwa ḥḥ id ‘o monoteísta, o unificador’

Plural: almohades
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos almohades.

  2. s

    Individuo da seita islámica almohade da tribo bérber dos masmuda.

  3. s [HIST ]

    Seita islámica fundada por Muḥammad ibn Tumart, da tribo bérber dos masmuda nos confíns do Atlas. Defendía a existencia dun deus único e as excelencias do Alcorán e a suna ante o crecente antropomorfismo relixioso dos musulmáns.