farruco -ca
farruco -ca
hispanoárabe farrúğ ‘polo, galo novo’?
-
adx
Que amosa arrogancia, atrevemento e insolencia na forma de comportarse ou nos seus ditos.
-
adx
Que mostra unha actitude persistente ante unha idea ou forma de actuar.
-
adx
Aplícase á persoa que para a idade que ten atópase forte, con saúde e bo aspecto.
-
adx
Que actúa ou mostra moita fachenda e satisfacción de si mesmo.
Citas
- Cando se pon farruco e mellor deixalo só e non discutir con el
- O rapaz púxose tan farruco na clase que tiven que castigalo durante unha semana
- O seu avó aínda está ben farruco para ir á leira
- O vello paseaba todo farruco do brazo daquela moza