farro

farro
Nome científico: Ctenolabrus rupestris Plural: farros
s m [ANIMAL/ICT ]

Peixe mariño, da familia dos lábridos, que presenta dúas ou máis filas de dentes nas mandíbulas, beizo superior con 5-7 pregaduras e unha cor parda rosácea co ventre claro. É carnívoro, demersal e vive a pouca profundidade en covas ou entre as algas da beiramar.