fariña

fariña

lat farīna

Plural: fariñas
    1. s

      Pos que se obteñen despois de moer os grans dos cereais, principalmente o trigo, o centeo e o millo, e que ten como compoñentes principais o amidón e o glute.

    2. fariña centea

      Fariña de centeo.

    3. fariña integral

      Fariña á que non se lle quita o farelo.

    4. fariña milla

      Fariña de millo.

    5. fariña triga

      Fariña de trigo.

    1. s

      Po ao que quedan reducidas algunhas materias sólidas.

    2. fariña de liño [MED ]

      Pos, obtidos das sementes do liño, que se empregan en medicina para a elaboración de emplastos.

    3. fariña de peixe

      Alimento para o gando que se obtén de esfaragullar peixes previamente desecados.

    4. fariña glaciaria [XEOL ]

      Material morénico de textura fina que se orixina pola forte fricción que xera o paso do glaciar.

    1. s

      Pos que se obteñen por diferentes métodos.

    2. fariña láctea [ALIM ]

      Mestura de fariña de cereais ou de legumes transformada parcialmente en maltosa e dextrina que se emprega en dietética infantil como alimento de tránsito entre a lactancia e a alimentación integral.

  1. s f col

    Droga, especialmente de baixa calidade.

Frases hechas

  • 2 Estar metido de cheo nun asunto.

Refranes

  • Fai boa fariña e non toques a buguina.
  • Fariña abalada, que non cha vexa sogra nin cuñada.