faquir

faquir

ár faqīr ‘pobre, místico’

Plural: faquires
  1. s m [RELIX ]

    Asceta hindú que mediante intensas prácticas místicas consegue unha extraordinaria capacidade de control sobre as súas funcións vitais.

  2. s m [RELIX ]

    Asceta mendicante mahometano que rexeita a propiedade privada e se somete á vontade divina.

  3. s m [ESPECT ]

    Ilusionista especializado en manifestacións de insensibilidade física, como camiñar descalzo sobre cravos ou vidros.

Palabras vecinas

fanti fantochada fantoche faquir faquirismo farad faraday