fantástico -ca
fantástico -ca
lat phantastĭcu gr ϕ ανταστικός
-
adx
Que é resultado da fantasía.
-
adx
Que destaca polas súas boas calidades.
-
adx
[ARTE/LIT/IMAX ]
Aplícase á arte e ao xénero literario ou cinematográfico que se caracteriza pola súa temática irreal, nacida da fantasía, pola aparición de elementos e personaxes imaxinarios ou extranaturais, ou pola incorporación de técnicas que crean unha atmosfera de irrealidade.
Sinónimos
Citas
- As súas ideas fantásticas non tiveron boa acollida
- Desde que chegou o seu comportamento foi fantástico