fanático -ca
fanático -ca
lat fanaticu
-
adx
Aplícase á persoa ou organización exaltada e intolerante que defende con paixón unha doutrina ou a unha persoa. Tm s.
-
adx
Aplícase á persoa ou colectivo que sente fonda admiración por algo ou por alguén. Tm s.
-
s
m
[HIST ]
Denominación que recibían na antiga Roma os iluminados que frecuentaban os templos e caían nun delirio sagrado.
Citas
- As sectas fanáticas son un perigo para a sociedade, Os fanáticos derrubaron os símbolos relixiosos anteriores á revolución
- Os admiradores fanáticos deste grupo musical bailaron sen parar, Os fanáticos do cine asistiron de forma masiva para ver a reposición da película