falsidade

falsidade

lat falsitāte

Plural: falsidades
  1. s f

    Calidade ou condición de falso.

  2. s f

    Cousa falsa.

  3. s f [DER ]

    Ocultación ou alteración maliciosa da verdade coa intención de producir algún efecto xurídico capaz de lesionar os bens ou intereses dun terceiro.

Refranes

  • A hora mala, para quen mal me quere e ben me fala.
  • En bágoas de muller non se pode crer.
  • Pregoar viño e vender vinagre.
  • Todo o que di o pandeiro non é verdadeiro.