extracto
lat extractu, p p de extrahĕre ‘extraer’
-
-
s
Produto concentrado que se obtén mediante o tratamento dun tecido cun solvente para extraer os compoñentes desexados de sabor, olor ou nutritivos.
-
s
Preparado galénico constituído por concentración de drogas animais e vexetais, con disolventes adecuados.
-
extracto brando
Extracto no que se eliminou, por evaporación, unha parte do disolvente empregado na extracción.
-
extracto fluído
Extracto líquido que contén os principios activos contidos no produto orixinal.
-
extracto hepático
Extracto obtido do fígado de animais e que se supón que contén os principios activos do fígado fresco.
-
extracto seco
Extracto en que se eliminou practicamente todo o disolvente.
-
s
-
s
m
Resumo dos puntos máis importantes dun escrito ou exposición.
-
extracto de conta
[ECON ]
Copia ou resumo dos datos dunha conta para coñecer o seu estado nun momento determinado.
Sinónimos
Citas
- Mandoulle redactar un extracto do libro, Faime un extracto do que falastes