extracción

extracción

lat extractĭōne

Plural: extraccións
  1. s f
    1. Acción e efecto de extraer.

    2. [MED ]

      Operación cirúrxica consistente en retirar un corpo estraño, unha substancia patolóxica, un órgano enfermo ou unha parte deste.

    3. [MAT ]

      Cálculo da raíz dun número.

    4. [IND ]

      Acción de traer á superficie os minerais obtidos nunha mina.

  2. s f [FÍS ]

    Emisión de electróns producida polo impacto dun electrón primario incidente.

  3. s f [QUÍM ]

    Proceso de transferencia de materia entre dúas fases inmiscibles baseada na diferenza de solubilidade das substancias, que permite a separación das mesturas sólidas, líquidas ou disoltas mediante un tratamento cun disolvente.

Citas

  • Son xente de extracción humilde